| MÁIS DESTACADOS |
+ Día límite de inscripción para o curso: venres 9 de marzo Campus Santiago. Martes 20 de marzo Campus Lugo.
Prazas limitadas.
+ Os membros de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia poden obter ata un 50% de apoio económico na matrícula se acreditan a súa condición durante o proceso de matriculación.
|
|
VII Curso de Cooperación e Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano.
Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF-Galicia) organiza, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, a séptima edición do curso Cooperación e Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano.
A través del, Enxeñería Sen Fronteiras persegue mostrar as/aos alumnas/os unha visión global das causas e consecuencias da pobreza e da desigualdade no mundo e a necesidade de xuntar esforzos e adquirir un compromiso activo para poder combater esas situacións. Exporase ademais a importancia de por a tecnoloxía e a enxeñería a servicio do desenvolvemento, entendéndoas e aplicándoas dentro do entorno cultural, político, social, económico e ambiental en que se empregan.
O curso é de modalidade semipresencial, conta cunha duración total de 60 horas e desenvolverase durante o mes de marzo (9-10-11-23-24-25) no Campus Vida de Santiago de Compostela. No Campus de Lugo tamén vaise realizar nas datas 23-24-25 de Marzo e 20-21-22 de Abril. O curso está dirixido a toda a poboación universitaria e, en xeral, a todos aquelas persoas que están interesadas na cooperación ao desenvolvemento.
O prazo para matricularse no Campus de Santiago estará aberto ata o venres 9 de marzo do presente ano 2012.
O prazo para matricularse no Campus de Ligo estará aberto ata o martes 20 de marzo do presente ano 2012.
|